Books Frontpage Lingua galega e literatura 1º Bach. LOMLOE
  • 68,86 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 270
  • Edition: 23082022
  • Language: Otras lenguas.
  • Lingua galega e literatura 1º Bach. LOMLOE

  • 9788499954004
  • Authors: Isabel González Avión [Autor], Emilio ínsua López [Autor]

  • Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula. As unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación", "Educación literaria" e "Reflexión sobre a lingua". A novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS. Os proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional... Cada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso. Este conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares; realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación; realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese; aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico; e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima. Particularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias: - o traballo en equipo. - as competencias dixitais. - as competencias orais multimodais. - a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes. - o sentido crítico e a selección de información pertinente. - a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe. - o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais...) As propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.
  • 68,86 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject Didáctica: Lenguas Distintas De La Inglesa: