Homepage » Infantiles, Juveniles Y Didácticos » Material Didáctico » Didáctica: Arte Y Diseño » A historia da arte a través das súas obras

Books Frontpage A historia da arte a través das súas obras
  • 68,56 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 270
  • Format: 27x20 cm
  • Edition Date: 2021
  • Edition: 06102021
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • A historia da arte a través das súas obras

  • 9788499953618
  • Author: José Emilio Vicente Caneda [Autor]

  • O comentario dunha obra de arte require dunha técnica específica que se aprende coa práctica. Non abonda con expoñermos ordenadamente os coñecementos teóricos nin con identificar a imaxe comentada. Hai que confirmar e argumentar as razóns que explican a identificación, por medio da análise das formas. Este análise desvela o estilo da obra, que á súa vez corresponde a unha cultura, a un movemento artístico e a unha época histórica. Para poder realizar esta análise, temos que debullar as partes que son características do estilo, cinguíndonos esencialmente ao que vemos. Unha descrición polo miúdo levará á clasificación da imaxe, en canto percibamos notas definitorias. Por outra parte, debemos comentar os aspectos máis relevantes da época á que pertence a imaxe, ubicándoa no momento histórico correcto, relacionándoa cos diversos aspectos desa cultura e, por último, valorala subxectivamente. Neste comentario persoal debemos partir da base d que a obra de arte non ten, en canto á beleza e expresión, un carácter unívoco. Obxectivos Propoñemos unha obra didáctica orientada á preparación da Historia de Arte no 2º de Bacharelato, cun programa moi extenso que percorre o feito artístico desde o nacemento do clasicismo até as expresións contemporáneas que será de grande axuda para que o alumnado poida adquirir, grazas ás orientacións prácticas desta obra, a capacidade de comentar obras de arte. Xustificación e destinatarias O alumnado ten que adquirir nesta materia a capacidade de comentar máis de 100 obras e 91 termos dun vocabulario de conceptos artísticos, que son preparados habitualmente en cada centro polo profesorado correspondente. Existen numerosas propostas de libros de texto para a materia, mais non un manual dedicado á vertente práctica, e moito menos aínda adaptado ao contexto galego e relacionado co currículo actual.
  • 68,56 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)