Books Frontpage Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega
  • 59,95 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 504
  • Format: 23,5x17x2,90 cm
  • Edition Date: 2015
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Weight: 0,866 kg.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega

  • 9788499148458
  • Authors: Vv.Aa, Isabel Mociño González [Autor], Marta Neira Rodríguez [Autor], Mar Fernández Vázquez [Autor], Pilar Bendoiro Mariño [Autor], M.ª Isabel Soto López, Isabel Soto [Autor], Carmen Ferreira Boo [Autor], Eulalia Agrelo Costas [Autor], Mª Isabel Soto [Autor]

  • Contributor: Blanca Ana Roig Rechou

  • A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil, na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos, como reflicte este traballo. A partir da organización secuencial en séculos, e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos, os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil, atendendo aos factores e axentes que propiciaron a súa conformación e asentamento, e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos. As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.
  • 59,95 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject Estudios De Literatura Infantil Y Juvenil: