Books Frontpage Quen levou a Lúa?
  • 29,95 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 230
  • Format: 25x1x470,00 cm
  • Edition: 02032023
  • Language.
  • Weight: 0,47 kg.
  • Quen levou a Lúa?

  • 9788498716924
  • Authors: Madalena Matoso, Mario José Catelli Quiroga

  • Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos adultos. A noite antes da lúa chea, escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se solta do ceo e desaparece. Ao día seguinte, os lobos soben á montaña para celebrar o nacemento dos cachorros; pero, por moito que esperan, a lúa non sae. Mentres, na súa casa, o lobiño está laiándose pola dor, coa barriga inchada como un melón… Na infancia, a imitación constitúe un dos xeitos máis activos de obter coñecementos; os cativos perciben o mundo a través dos sentidos e, grazas á súa capacidade para imitar, interactúan co contorno. Outro estímulo vital, no seu proceso de desenvolvemento intelectual e emocional, é o xogo, porque lles permite explorar o mundo e esperta neles a imaxinación e a creatividade. Ademais, co xogo, os nenos poden practicar habilidades sociais e aprenden a relacionarse segundo unhas regras ou unhas normas. Mario Catelli, nesta divertida historia sobre a aprendizaxe e os pequenos descubrimentos da vida, suxire que a sabedoría se adquire cos anos, e polo tanto, hai que tirar proveito de cada unha das etapas. Por último, cómpre destacar a harmonía das composicións cos elementos da natureza, realizadas mediante a técnica da colaxe, e como as expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade do narrador. Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas.
  • 29,95 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject Libros De Cuentos Ilustrados: