Books Frontpage O galo que puxo un ovo
  • 35,00 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 36
  • Format: 23x1x470,00 cm
  • Edition Date: 2023
  • Edition: 01032023
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa dura - Cosido.
  • O galo que puxo un ovo

  • 9788498716900
  • Author: Indy García Acedo [Autor]

  • Illustrator: Laura Torrado Varela

  • Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas. - Hai moito tempo que non hai pitiños; se vós non queredes... fareino eu! - Un galo...? -preguntan as galiñas, sorprendidas. -E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa. Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas “diferenzas”. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como “naturais”. A autora, Indy G. Acedo aborda con este álbum un tema complexo de xeito sinxelo e natural, deixando espazo para que as crianzas constrúan o seu significado e ofrecendo capas discursivas que se adaptan a diferentes lectores. A ilustradora, Laura Tova, coa súa tan persoal paleta de cores, fainos chegar esta historia a través de sinxelos personaxes de gran tenrura, e moi conectados coa vida e a natureza.
  • 35,00 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject Libros De Cuentos Ilustrados: