-
24,64
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 160
- Format: 21x13,5 cm
- Edition Date: 2014
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Weight: 0,22 kg.
- Editorial: GALAXIA
-
Ilusions estra–as, as
-
9788498655438
-
-
-
-
-
-
Os contos que forman este libro de Antón Dobao son diferentes entre si pero todos teñen en común unha arela por transitar zonas prohibidas. A perda é unha constante destes relatos, a sensación de final case apocalíptica é outra das atmosferas que pairan sobre As ilusións estrañas. Un xogo de luces e sombras que, ao esvaeceren, deixan á vista unha realidade distinta do que en principio aparentaba.
A fronteira entre o real e o imaxinario, ese territorio no que a realidade parece que perde a súa consistencia, é o lugar onde aniñan As ilusións estrañas. Antón Dobao amosa unha habelencia insólita para escoller os feitos narrados as situacións, os personaxes que as viven e as palabras coas que estes se narran. Trátase do xogo da ficción, no que o autor introduce a quen le sen que, ata o momento preciso, este se dea decatado das regras que gobernan os feitos e a xente dese mundo aparentemente próximo e doadamente intelixible.
Velaquí o que escribiu Giacomo Leopardi sobre as ilusións no seu Zibaldone di pensieri: "O pracer máis sólido desta vida é o pracer van das ilusións. Eu considero as ilusións como algo en certo xeito real, tendo en conta que son ingredientes esenciais do sistema da natureza humana [...] de maneira que non é lícito explicalas como soños dun único ser humano senón como xurdidas de veras da natureza; sen elas, a nosa vida sería a máis mísera e ruín das cousas."
Ao cabo, en As ilusións estrañas todo o que parecía ser unha procura rigorosa da verdade acaba por se converter en material para alimentar algo falso: unha ficción perfecta e convincente; iso que, en esencia, vén sendo a literatura.
-
24,64
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea:
-
32,59
USD
-
39,22
USD
-
37,86
USD
-
36,13
USD
-
36,09
USD
-
32,17
USD