-
24,08
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 136
- Format: 1,6x13,8x20,80 cm
- Edition Date: 2012
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Weight: 0,15876 kg.
- Editorial: GALAXIA
-
Curioso mundo das persoas normais, o
-
9788498654592
-
-
-
-
-
-
O autor de Un tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade contemplada por un personaxe condenado a unha existencia moi diferente á habitual. Porque, cando os actos cotiáns responden a motivos absurdos, a normalidade convértese no máis sorprendente. Cunha boa dose de humor e ironía a última novela Xosé Monteagudo vai descubrindo devagar os múltiples paradoxos da existencia. Nun relato que percorre boa parte da historia do século vinte a través da mirada dun personaxe singular no que a tenrura convive coa agudeza e as limitacións do corpo coa liberdade máis furiosa do pensamento. A novela está inspirada nunha historia real acontecida en Pontevedra mais non é esa mesma historia exactamente, tal como explica o autor ao final do libro: "En abril do 2010 diversos medios de comunicación deron a noticia de que un enfermo de 79 anos de idade acababa de falecer no Hospital Provincial de Pontevedra. A persoa en cuestión non tivera vida pública. O sorprendente do caso (e o motivo polo que a nova saltou aos medios) era que o falecido pasara os últimos setenta e sete anos da súa vida confinado entre as paredes do Hospital Provincial de Pontevedra." Ata aquí os trazos fundamentais da persoa na que está inspirado o personaxe principal de O curioso mundo das persoas normais, segundo conta o autor na nota final da novela, que parte desta historia real para contar unha historia de ficción a través da cal a realidade se contempla dun xeito diferente.
-
24,08
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea:
-
32,59
USD
-
39,22
USD
-
37,86
USD
-
36,13
USD
-
36,09
USD
-
32,17
USD