-
32,47
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
Features:
- Pages: 162
- Format: 21x15 cm
- Edition Date: 2008
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,79 kg.
- Editorial: FAKTORIA K DE LIBROS
-
Budapest
-
9788496957510
-
-
-
-
-
-
José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, ''a única lingua do mundo que o demo respecta''. A ilustración da cuberta é de MARC TAEGER José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, «a única lingua do mundo que o demo respecta», segundo un proverbio maxiar. Unha lingua que o invitará a desexar ser outro e a mergullarse de cheo nunha cultura tan diferente á brasileira. De volta en Brasil, Costa decidirá deixar todo o que ten: a súa cidade e mesmo a súa familia, e volverá a Budapest para iniciar unha nova vida. Instálase na capital húngara coa enigmática Kriska, que lle ensinará o idioma e coa que terá unha relación sentimental. Ese ambiente novidoso, rodeado de palabras exóticas, provocará unha sucesión de acontecementos surrealistas e cheos de humor, ata o punto de que o protagonista desdobrará a súa personalidade, converténdose en Zsose Kósta. Ese intenso proceso de inmersión lingüística dá lugar a un relato literariamente denso, sobre o amor entre persoas de distintas culturas, que afonda nas raíces da identidade, máis fráxil e volátil do aparente. Chico Buarque presenta unha historia orixinal chea de musicalidade e referencias á sonoridade das palabras, con interesantes achegas sobre o proceso creativo do escritor e un sorprendente final. “Budapest”, que gañou o Premio Jabuti, adaptouse tamén ao cinema. O seu autor está unido por lazos sentimentais a Hungría, ata o punto de que os nomes propios da novela -personaxes, rúas, restaurantes...- son os apelativos dos xogadores de fútbol -outra das súas paixóns- da selección húngara no ano 1954.
-
32,47
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea:
-
32,59
USD
-
38,57
USD
-
37,14
USD
-
35,38
USD
-
31,70
USD
-
36,55
USD