Books Frontpage A casa enmeigada
  • 39,40 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 12
  • Edition Date: 2015
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa Dura.
  • A casa enmeigada

  • 9788493935085
  • Author: Jan Pienkowski [Autor]

  • Malia a aparente falla de texto, este libro ten infinitas capas de lectura. En primeiro lugar, os troquelados e lapelas que conforman a súa aparencia, obra mestra do enxeñeiro papirofléxico Tor Lokvig. Tardarás anos en descubrir cada pequeno detalle que autor e enxeñeiro argallaron para a lectura. En segundo lugar a relación entre os dous ratos e o gato, presentes en cada páxina, a modo de xogo permanente de busca e captura. En terceiro lugar, a linguaxe visual das ilustracións cóntanos moitas máis historias ocultas, como a chegada progresiva dos alieníxenas, a relación entre as criaturas que habitan na casa, e todas as referencias literarias no eido do terror clásico universal. É un libro cun final triste (depende para quen), que reta a perniciosa tendencia actual do positivismo permanente e a sobreprotección da infancia. Unha reflexión necesaria e actual que nos berra desde o ano 1979, ano da súa primeira publicación, a necesidade de tratar temas fundamentais na literatura infantil, como o medo ou a cadea alimentaria, por moito que nos gusten os ratiños protagonistas. Cómpre reparar na intervención na tradución da tradutora Laura Sáez que ante a neutralidade do inglés no termo “Doctor” opta por empregar a forma feminina “doutora”, normalizando profesións e actitudes desde unha posición intervencionista na tradución pero non moralista no contido.
  • 39,40 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

The book belongs to the following catalogs