-
38,90
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 204
- Format: 21x14x1,20 cm
- Edition Date: 2017
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Libro - Bolsillo (España) - Trade paperback (EE.UU).
-
Cincuenta Décimas Contra Don Diego Zernadas.
Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII
-
9788484873648
-
-
-
-
-
-
A escaseza de textos en galego do século XVIII acrecentan a valía destas Cincuenta décimas satíricas e obrigan a matizar afirmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Á vista delas, semella máis ben que neste tempo existe unha escrita en galego, ben que moitos deses textos non chegan a se imprimir. De aí a importancia da publicación deste manuscrito.
Pero as Cincuenta décimas non só son importantes pola súa datación nun tempo de escasa ou nula produción escrita, senón tamén polo tamaño do texto: son 500 versos, o texto máis longo dese tempo despois das Coplas do Padre Sarmiento.
E á importancia da datación e da extensión do manuscrito, aínda se lle poden engadir outros aspectos máis: non só está redactado totalmente en galego (fronte a outros textos da época que poden presentar anacos en castelán), senón que as décimas presentan calidade lingüística (emprégase un rexistro lingüístico culto; outros textos da época son textos populares, que imitan o falar do pobo) e teñen calidade literaria (trátase dun autor cabaleiro culto que sabe versificar, que coñece a Arte literaria).
Co fin de achegar as décimas a varios tipos de destinatarios, tanto a investigadores como a lectores medios..., o libro inclúe dúas edicións das décimas: 1) unha case paleográfica e 2) outra coas actualizacións gráficas imprescindibles e con abondosas notas que axudan na comprensión do texto. Ademais, o libro ofrece tamén capítulos á parte de comentarios e conxecturas sobre a datación e autoría do texto e un completo e rigoroso estudo lingüístico (gráfico, gramatical e léxico).
A súa extensión, a súa datación, a redacción íntegra en galego, e ademais, nun rexistro lingüístico coidado, todo iso converte as Cincuenta décimas nun texto de referencia obrigada na Historia da lingua e literatura galegas.
-
38,90
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Estudios Literarios: Poesía Y Poetas:
-
47,77
USD
-
27,49
USD
-
33,14
USD
-
23,00
USD
-
36,91
USD
-