Ficha
Books Frontpage Un gran soño
  • 29,02 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 36
  • Format: 27x21 cm
  • Edition Date: 2009
  • Edition: 2
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa Dura.
  • Weight: 0,41 kg.
  • Editorial: KALANDRAKA
  • Un gran soño

  • 9788484646556
  • Authors: Felipe Ugalde, Manuela Rodríguez Lorenzo

  • Un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O autor cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo. O álbum ilustrado gañador do II Premio Internacional Compostela é un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo. A súa figura é a metáfora da especie humana e dos seus individuos, no seu afán por medrar e deixar unha fonda pegada do seu paso pola vida. Como o crocodilo, teñen a convicción de estaren destinados a algo importante -aínda sen saber que, nin como logralo- e nese camiño devórano todo ao seu redor. Os astrónomos maias representaban a Vía Láctea como unha serpe; unha visión que evolucionou ata a imaxe dunha canoa con forma de crocodilo. Vinculado á constelación de Orión, este animal simbolizaba a conexión entre o mundo e o ceo, os homes e os deuses. Outra faceta destacada da Vía Láctea é o seu vínculo ao Camiño de Santiago, como guía dos peregrinos na súa ruta cara a Compostela. Por esta riqueza simbólica e a perfección acadada coa técnica do acrílico, Un gran soño foi a gañadora do certame, de entre 280 obras de 22 países. O traballo de Felipe Ugalde foi valorado como “o máis completo e equilibrado” pola complementariedade entre texto e imaxe, o enfoque metafórico das ilustracións e o tratamento do concepto do tempo. Un libro que, para o xurado, “non ten idade, porque permite distintas lecturas” segundo os lectores sexan infantís ou adultos.
  • 29,02 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject álbumes Ilustrados: