Books Frontpage Smara
  • 29,17 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 64
  • Format: 24x15 cm
  • Edition Date: 2006
  • Edition: 10042006
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa Dura.
  • Weight: 0,26 kg.
  • Editorial: KALANDRAKA
  • Smara

  • 9788484645498
  • Authors: Paula Carballeira Cabana, Paula Carballeira [Autor]

  • Illustrator: Carole Hénaff

  • Unha viaxe ao deserto narrado con lirismo e certa melancolía. A avoa Ugago descóbrenos os Fillos das Nubes. A súa sabedoría enriqueceranos como persoas. «Smara» é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara onde coñece a Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga protectora da cidade fronte aos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes. Partindo dunha cultura lendaria, e con grandes doses de maxia e de misterio, Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, dun certo lirismo, como unha especie de reivindicación da tristura que nos fai medrar por dentro. Carole Hénaff reflicte o aspecto rústico dos asentamentos do deserto con ilustracións elaboradas con collage ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicas das teas, das cerámicas e das especias. A súa inspiración provén da experiencia persoal tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de impresión e de respecto que lle infundiu o Sahara. As súas ilustracións transpórtannos a un mar de area, onde a vista se perde no horizonte e o tempo parece deterse. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida coa luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores co paso das horas. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e enigmático.
  • 29,17 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject álbumes Ilustrados: