-
30,16
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 332
- Format: 21x14 cm
- Edition Date: 2004
- Edition: 01122004
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,36 kg.
- Editorial: GALAXIA
-
Diario de comidas
-
9788482887685
-
-
-
-
-
-
Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os praceres e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación. Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do Diario de comidas un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar.
-
30,16
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available