Books Frontpage Panthera tigris
  • 36,08 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 32
  • Format: 27,5x21,3 cm
  • Edition Date: 2024
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa Dura.
  • Editorial: FAKTORIA K DE LIBROS
  • Panthera tigris

  • 9788419213532
  • Author: Sylvain Alzial [Autor]

  • Illustrator: Hélène Rajcak

  • Translator: Tamara Andres

  • Un conto inspirado nas antigas ensinanzas hindús para reflexionar e para sabelo todo sobre os tigres de Bengala.

    Un vello erudito que vive rodeado de libros nos que aprendeu todo o que sabe do mundo decide investigar o único animal do que non ten coñecemento ningún: o tigre de Bengala. Tras mergullarse nunha extensa lectura de todas as guías dedicadas a estas criaturas,
    embárcase nunha expedición científica cara á India e, en compañía dun guía local, intérnase na selva para encontrar un exemplar de Panthera tigris. Avanza entre a maleza interpretando pegadas e sinais e impoñendo o seu coñecemento lido nos libros ás advertencias
    do seu acompañante, que coñece a selva como a palma da man. É suficiente todo ese coñecemento teórico para ser un verdadeiro especialista? No encontro cara a cara coa besta descubrirá a resposta.

    Este álbum con estrutura narrativa de conto, inspirado nas ensinanzas do mestre bengalí contemporáneo Swami Prajnanpad, fálanos do valor da experiencia como fonte de coñecemento. Faino a través dun relato que destila unha fina ironía e un gran sentido do humor, ao mesmo tempo que informa con gran rigor sobre os tigres de Bengala. As ilustracións combinan láminas de carácter científico en branco e negro ao estilo dos gravados de época decimonónica con outras nas que se van revelando lentamente as cores da xungla: as follas verdes, ocres, marróns e finalmente un tigre laranxa tan impactante como a impresión que ten o protagonista no seu encontro co felino.

  • 36,08 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject álbumes Ilustrados: