Books Frontpage Aprendendo a xestionar o público
  • 31,81 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 192
  • Format: 24x17 cm
  • Edition Date: 2025
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Aprendendo a xestionar o público

    Experiencias de innovación docente e organizativa dende a Facultade de Dirección e Xestión Pública

  • 9788411880701
  • Author: Varios Autores [Autor]

  • Contributors: Enrique José Varela álvarez, Xosé Mª Mahou Lago

  • O libro Aprendendo a xestionar o público é froito do traballo colectivo dun grupo de profesoras e profesores da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo. Conmemora os 25 anos dos estudos de Xestión Pública na institución, nun percorrido que comezou coa diplomatura en Xestión e Administración Pública e culminou na actual oferta de Grao en Dirección e Xestión Pública, en modalidade presencial e virtual, así como do Máster online en Dirección Pública e Liderado Institucional. A obra é, ao tempo, homenaxe e reflexión compartida sobre un proxecto educativo híbrido, sustentado na colaboración entre docentes, estudantes, persoal técnico e administrativo, antigos alumnos e múltiples institucións públicas e sociais. O volume estrutúrase en tres partes. A primeira, de carácter contextual, analiza a institucionalización dos estudos de xestión pública en España e Galicia, repasando as diferentes experiencias impulsadas polas universidades públicas. Este apartado salienta a evolución dende os títulos tradicionais cara a formatos híbridos e flexibles, necesarios para dar resposta a unha cidadanía diversa e a novos perfís profesionais. A segunda parte céntrase na coordinación académica virtual e na complexidade que supón deseñar títulos en liña nas universidades públicas presenciais. Subliñase a importancia da xestión académica, a avaliación, o seguimento e a mellora continua como elementos centrais do Grado en Dirección e Xestión Pública. Tamén se aborda o papel do profesorado como axente de innovación, que debe deseñar estratexias adaptadas a un alumnado diverso e en contornos virtuais. A terceira parte recolle experiencias concretas de innovación docente. Inclúe exemplos de aprendizaxe baseada en soportes audiovisuais, estudos de caso aplicados á xestión pública, dinámicas de avaliación cooperativa, e propostas de Aprendizaxe-Servizo en materias de Dereito Financeiro. Estas prácticas mostran como é posible garantir a calidade e o rigor formativo tamén en contornos virtuais, conectando os contidos académicos coa realidade profesional e institucional do sector público. A obra propón pensar a innovación educativa non como un fin en si mesmo, senón como unha ferramenta ao servizo da cidadanía e da mellora das políticas públicas. A súa vocación é institucional e transformadora: contribuír a configurar espazos de aprendizaxe significativa, orientados por valores democráticos e de servizo público. O camiño que propón esta publicación é híbrido, colaborativo e sostible, e apunta cara ao futuro da educación superior pública en Galicia e no conxunto do Estado.
  • 31,81 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)

Other books in the subject Gestión Y Técnicas De Gestión: